займ срочно

A Librería Pedreira organiza a primeira Semana da Novela Negra

0

Compostela, 4 de abril do 2018 – Charlas, presentacións e un xogo de investigación por todo o barrio de San Pedro son os eixes centrais da primeira Semana da Novela Negra que organiza a Librería Pedreira.

Chus Costoia e Hector Cajaraville foron os encargados de presentar ante os medios esta primeira Semana da Novela Negra. Chus Costoia, como responsable da librería Pedreira explicaba que se trata dun xénero que cada vez ten máis demanda e iso foi unha das razóns para por en marcha este programa de actividades

Pola súa banda Hector Cajaraville foi o encargado de crear un relato que, unha vez feito cachiños, foi repartido polos máis de 20 establecementos do barrio. Os participantes recollen unha tarxeta na librería, atopan os textos e intentan descubrir ao asasino co que optan a moitos premios donados polos comerciantes, unha actividade na que se pode participar ata o día 14. Hector explicaba as distintas razóns que o levaron a participar na iniciativa

A primeira das actividades terá lugar este venres día 6 as oito da tarde. Será unha conversa baixo o título “diseccionando a lingua”,  na que participaran Teresa Moure, escritora e profesora da USC, Xerardo R. Roca, ex profesor de lingua portuguesa no IES Xelmirez I, e Marcos Maceiras, presidente de a Mesa pola normalización lingüística.   O sabado 7 Ledicia Costas impartirá un obradoiro as doce do mediodía con nome de “Escarlatina a cociñeira defunta”. O resto das actividades as podedes descargar aqui

 libreria pedreira semana da novela negra 4 abril 2018

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies