A Universidade e o Consorcio editan un libro sobre o frade arquitecto Frei Manuel de los Mártires

0

Compostela, 7 de maio do 2018 – Hoxe preséntase na Fundación Torrente Ballester o libro que recolle a traxectoria do frade e arquitecto Frei Manuel de los Mártires.

San Domingos de Bonaval foi unha das construcións das que foi responsable como mestre de obras Frei Manuel de los Mártires

O volume está editado polo Consorcio de Compostela e a Universidade de Santiago e reúne a traxectoria do arquitecto. A historiadora Paula Pita  e a autora de este libro que naceu como parte da súa tese doutoral centrada nos frades arquitectos do século XVIII en Galicia. Frei Manuel de los Mártires (1734ca.-1772), mestre de obras de San Domingos de Bonaval, foi un dos arquitectos máis relevantes de cantos traballaron na cidade de Santiago no segundo terzo do século XVIII pero a súa figura quedou nun segundo plano, oculta en parte pola falta de información sobre a súa vida e dalgúns dos seus traballos.

A presentación terá lugar esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 20:00 horas. No acto estarán, ademais da autora, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; ; o vicerreitor de Oferta Docente da USC, Roberto López; o director de Publicacións da USC, Juan Blanco; e o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies