Licitada a construción do novo centro de saúde de Melide

0

Melide. 7 de abril do 2019 –  A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licitou a obra para a construción do novo centro de saúde de Melide (A Coruña). O orzamento previsto é de 3.049.203 euros.

O centro de saúde, que incluirá tamén un Punto de atención continuada (PAC), construirase nunha parcela cedida polo Concello de 4.968,50 m2. Esta nova construción situarase moi preto da actual e agrupará todos os servizos sanitarios nun só edificio. Terá unha superficie construída de 1.928,20 m2, o que representa un incremento do 60,69% respecto da superficie do actual centro de saúde, que dispón de 1.200 m2.

O edificio terá cinco consultas de medicina de familia e cinco de enfermería, una de pediatría e outra de enfermería pediátrica. Contará tamén cunha sala de toma de mostras, unha consulta de farmacia e unha consulta de matrona. Ademais terá sala de educación sanitaria, consulta de odontólogo e de hixienista e unha zona de fisioterapia que conta cunha ampla sala para ximnasio, ademais da consulta ao que hai que engadir cabinas de tratamento e sala de espera. Asemade contará con sala de xuntas, e estar do persoal, aseos, recepción, arquivos e almacéns, entre outros espazos.

En canto ao PAC disporá dunha consulta de medicina e unha consulta de enfermería, sala de reanimación-observación, recepción, aseos, vestiarios, esperas, tres dormitorios e sala de estar do persoal.

O concello de Melide ten 7.025 tarxetas sanitarias, das que 798 son pacientes en idade pediátrica. Mentres que as urxencias extrahospitalarias dan cobertura a 9.600 pacientes dos concellos de Melide, Toques e Santiso, sendo a media diaria de 26 atencións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial