займ срочно

O máis lido en Lindeiros no 2019

0

Repasamos as novas de Lindeiros máis lidas do 2019. Un ano no que temos que agradecer a fidelidade dos nosos lectores. 135.000 páxinas vistas, presenza en máis de medio millón de búsquedas e máis de 15.000 clicks en algunhas de elas para acudir as nosas páxinas.

Entre esas búsquedas en Google as eleccións tiveron un especial protagonismo. A volta ao primeiro plano de Manolo Regos en Ordes e a renuncia do alcalde de Trazo foron dúas das novas máis buscadas. A carta que unha profesora escribiu a directora do IES de Ames, unha exclusiva de Lindeiros, foi tamén unha das novas que máis interesaron aos lectores.

Un ano en feminino

Todos os medios coinciden que o 2019 foi o ano da muller e do movemento feminista. En Lindeiros a novas máis lida, sen buscalo, confirma esta teoría. A ordense Araceli Fachal gañaba o I Concurso de técnicas de automoción na modalidade de electromecánica alá polo mes de marzo e desde aquela ningunha nova conseguiu superar as máis de 15.000 visitas que tivo a nova que podedes volver a ler aqui.

Política e eleccións

A política e as eleccións ocuparon tamén os postos superiores de esta lista. As entrevistas ao novo alcalde de Santa Comba , David Barbeira, e ao de Frades, Roberto Rey, estiveron nos primeiros postos xunto coas relacionadas coas eleccións que merecen un apartado propio.

Como xa comentamos, a renuncia do alcalde de Trazo, José Dafonte, dou para moito e foi unha das novas máis vistas entre as relacionadas coa campaña electoral. O candidato socialista, Diego Luís Díaz, de Val do Dubra, a candidatura de Manuel Ángel Leis en Negreira e de novo a presenza nunhas eleccións de Manolo Regos, en Ordes, foron tamén do máis lido do 2019.

Un ano social

Ademais de ser un ano claramente feminino o 2019 foi un ano no que a sociedade civil tivo un protagonismo moito maior. As protestas e denuncias de diversas causas e problemas vese reflectido tamén nas novas máis lidas.

O colectivo Salvemos a Comarca de Ordes denunciaba que Sogama só separa o 12% do lixo que recibe, un problema do que se seguirá a falar en este 2020 e que foi do máis lido do ano.

A continuación atopamos a marcha da compañía Chévere do concello de Teo. Lindeiros o anticipaba en xuño e aos poucos meses facíase realidade.

Touro, como nos últimos anos, tivo o seu lugar entre o máis visto do 2019. En este caso pola parte política cunha decisión inédita. O alcalde, Ignacio Codesido, creaba unha Xunta de Goberno… sen integrantes.

De novo un colectivo social aparece nas dez novas máis lidas e de novo coa muller como protagonista. A creación dunha nova asociación feminista en Padrón foi a terceira nova máis lida do ano.

A protección dos animais tamén tivo o seu oco entre o máis visto do 2019. O concello do Pino víase envolto nunha polémica sobre maltrato animal no mes de agosto.

Verquidos en Touro

Touro aparece tamén, como nos últimos anos, polos verquidos da antiga mina. Un problema que segue sen resolverse e a espera da resolución da Xunta de Galicia sobre a reapertura ou non da explotación.

E pechamos este repaso ao máis lido do ano de novo en Padrón. A famosa Relación de Postos de Traballo, da que se leva falando dúas lexislaturas, parecía que comezaría a facerse realidade pero os sindicatos cualificaban o proxecto de “chapuza”.

Ao servizo dos lectores

Tentaremos seguir dando unha información clara ao longo do 2020. Tedes as nosas redes sociais ao voso dispor. Tamén un canal de Telegram e un whatsapp no 604074957. Que o ano que comezamos traia do mellor para todos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies