Cando no mes de xullo entrevistabamos a José Luís García non pensábamos que dous meses despois Brión tería un novo alcalde. Sustituir a quen leva 40 anos como alcalde de Brión non é doado pero facelo cando acabas de chegar á política non é un reto menor e Pablo Lago o sabe.
Comezamos falando co novo rexedor sobre a persoa detrás do cargo, quen é Pablo Lago e como chega a ser concelleiro e acaba como alcalde
A primeira negativa á oferta de José Luís García de formar parte da lista socialista non tiña tanto que ver coa participación en política como coa situación persoal, o que ten claro Pablo Lago é que unha vez dado o paso o compromiso ten que ser absoluto
Como dicíamos ao comezo non é doado sustituir a un alcalde que leva 40 anos no cargo. Máis alá da parte persoal esta a de xestión, incorporase ao posto e sacar a diante os proxectos sería moito máis complicado sen a axuda de José Luís García
O máis complicado para Lago non foi sen embargo a xestión, aínda que recoñece que lle levará tempo poñerse ao día; o peor foi cobrar un protagonismo ao que non estaba acostumado
O Covid e todo o que deriva da pandemia é a prioridade, algo que a nos comentaba en xullo José Luís García, pero para Pablo Lago o principal en estas primeiras semanas e saír a rúa, falar coa xente demostrarlles que non cambiou nada e que seguen estando aí para axudarlles
Antes de remaar non quixemos desaproveitar a ocasión de preguntarlle a un pequeno empresario como ve a situación económica. Con dous negocios, un na cidade e outro no rural, é quen pode dar unha visión máis clara do que supuxo esta pandemia. Unha visión que deixa claro que a xente da cidade está volvendo a vista ao rural
Pablo Lago ten un longo camiño por diante é ten tamén a actitude necesaria para sacalo adiante. Que leve tan pouco tempo en política e, ao mesmo tempo, que poida acudir a toda a experiencia acumulada por José Luís García pode dar resultados moi bos para Brión; tal vez con el comece unha renovación na política local da bisbarra.