займ срочно

L’insulte gaña a 31ª edición de Cineuropa

0

Compostela, 30 de novembro do 2017 –  Nunha axustada disputa con Lucky, de John Carroll Lynch, e Visages Villages, de Agnes Varda e JR, a película gañadora desta 31ª edición de Cineuropa foi finalmente L’insulte, valorada polo público do festival cun 8,56.

L’insulte de Ziad Doueiri obtivo este ano o Premio ao Mellor Actor no Festival de Venecia 2017 pola formidable interpretación de Kamel el Basha, e o Premio do Público do American Film Institute.

L’insulte, unha ollada reflexiva ao conflito que leva anos enfrontando a palestinos e cristiáns libaneses, foi así descrito por José Luis Losa, director deste festival: “Ziad Doueiri explica con esmagadora eficacia o explosivo do melting pot estrutural da sociedade libanesa. Un conflito persoal é a espoleta para sacar á luz a tensión entre a poboación palestina e a libanesa de orixe, as pantasmas da memoria recente e arumbada cara ao esquecemento polas matanzas de Sabra e Chatila. É cinema político e, ao tempo, emanación dunha loita individual pola dignidade”.

A vitoria deste filme establece unha liña de continuidade entre os valores do público e a temática reivindicativa desta edición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies