Lobos sucios este venres no cine ao aire libre de Vedra

0

Vedra, 20 de xullo do 2017 – O concello de Vedra programa ao  longo do verán un ciclo de cine que leva o nome de 4×4 e que ofrece 4 películas, en 4 parroquias e en 4 venres.

Mañá o ciclo chega ao campo da festa de San Mamede de Rivadulla as dez e media da noite coa película Lobos Sucios de Simón Casal.

Lobos sucios e unha película do ano 2015 que narra unha historia ambientada nas minas de volframio explotadas polos nazis en Galicia durante a II Guerra Mundial. Unha muller que traballa na mina vese implicada nunha sabotaxe para salvar a súa filla enferma.

Lobos sucios foi a opera prima de Simón Casal, está baseada nunha idea orixinal de Felipe Rodríguez e ten guión de Carmen Abarca. A película foi producida polos galegos de Agallas Films, os belgas de Left Field Ventures e os cataláns de Dream Team Concept e contou co apoio da TVG, RTVE e TV3.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial