Bisbarra, 17 de marzo do 2021 – Lois López é o vogal da Asociación da Hostalería de Compostela e unha das persoas que impulsa a Plataforma da Hostalería Galega.
Non son convocados ás xuntanzas co goberno autónomo que o explica aducindo que foron eles os que se levantaron da mesa de negociación. A partir de aquel feito comezouse a impulsar unha Plataforma á que cada día se suman máis asociacións e máis hostaleiros.

Lois López no centro da pancarta nunha protesta na Praza da Quintana
Mentres buscan unha unidade no sector, sin cuestionar a lexitimidade do Cluster do Turismo ou de outras asociacións, insisten na necesidade dun plan de rescate e un organo de traballo que conte con economistas como asesores.
Comezamos preguntando polo futuro a curto prazo. Lois López o ve moi incerto e considera que as restricións que se manteñen, comparando a situación de Galicia coa de outras comunidades, son moi inxustas
López lembra que representan a 30 asociacións que agrupan a máis de 4.000 empresas polo que a falta de información sobre si se diminuirán as restricións, ou non, non está xustificada. Asegura que a única que lles chega é a través dos medios de comunicación e que votan en falta, entre outras cousas, un plan alternativo para o ocio nocturno
Lois López nega que se levantaran da mesa e engade que non se trata da negociación dun convenio colectivo para poder usar esa expresión. Explica que o que sucedeu é que recibiron un borrador de axudas que tiñan que validar no momento e eles solicitaron 24 horas para poder valoralo. Critica ademais que esas axudas a día de hoxe non están pagadas na súa totalidade
Aproveitando que pertence a Asociación de Hostalería Compostela preguntamos pola situación do colectivo, cunhas eleccións as portas e sen candidatos que se presenten. O certo é que a situación económica é crítica e un concurso de acredores é unha das opcións que están enriba da mesa