займ срочно

Lousame aproba axilizar o pago de facturas a provedores

0

Lousame, 14 de abril do 2020 –  Lousame celebrou unha sesión plenaria extraordinaria e urxente para aprobar o pago de facturas a provedores correspondentes ao exercicio 2019.

A sesión celebrouse xeito telemático para cumprir coas condicións de confinamento establecidas polo Real Decreto-Lei 11/2020, do 31 de marzo. O pago a provedores farase grazas a dous recoñecementos extraxudiciais de crédito por un importe de 167.084,47 euros.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, xustificou a urxencia da sesión en que “queremos que os provedores, que están pasando un momento difícil, tarden o menos posible en ter efectivos os seus ingresos”. Neste sentido, explicou que a intención era celebrar esta sesión no mes de marzo, pero non foi posible por cuestións técnicas. “Faise agora para enviar o luns á Deputación e que poida saír publicado do BOP para que a finais de mes os provedores teñan as facturas pagadas”, explicou a alcaldesa. Unha urxencia que foi aprobada co voto unánime dos 7 concelleiros do PP, 3 edís do PSOE e o voceiro do BNG, conectados a esta sesión telemática.

Liquidación do Orzamento de 2019

Previamente, a alcaldesa deu conta do expediente da liquidación do Orzamento do exercicio 2019, que deixa un remanente líquido de Tesourería de 552.608,62 euros, o que permitiu a aprobación dos créditos extraordinarios e os REC para o pago de facturas a provedores. Así mesmo, este expediente dá conta da solvencia económica do Concello de Lousame, que a 31 de decembro de 2019 rexistraba un período medio de pago a provedores de 8,12. Así mesmo, Lousame conta cun aforro neto positivo de 119.483,12 euros e unha débeda bancaria cero.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies