Lousame acolle a estrea de “Agapé”, do grupo local Teatrando Alecrín

0

Lousame, 23 de marzo do 2019 –  A Casa da Cultura de Lousame acollerá esta tarde, as 19:00 horas, a estrea de “Agapé”, a nova obra do grupo de teatro afeccionado local Teatrando Alecrín. A entrada é totalmente libre e de balde.

Teatrando Alecrín está formado por un grupo de rapazas e nenas de Lousame, que o ano pasado acadaron un gran éxito coa súa obra “Feliz 1990”, que representaron nun par de ocasións en Lousame pero que tamén levaron por distintos escenarios da comarca do Barbanza.

O grupo está integrado polas actrices Adriana Castro, Alicia Graciano, Carla Iglesias, Carla García, Catalina Iglesias, Kiana González, Andrea Carou, Andrea Romero, Paula Moledo, Yayza Fernández, Xiana García, Martín González e Natalia González.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial