займ срочно

Lousame acolle a proxección do documental Idénticas

0

Lousame, 16 de marzo do 2019 –  A Casa da Cultura de Lousame acollerá esta tarde, ás 19:00 horas, a proxección de “Idénticas”, unha peza elaborada por Luís Avilés Barquero e que recibiu recentemente o premio “Mestre Mateo” ao mellor documental do ano 2018.

Idénticas ten unha duración de 65 minutos e recolle a realidade da familia de Cayetana e Celia, dúas irmás xemelgas que sofren unha enfermidade rara como é a heteroplasia ósea progresiva. A entrada é libre e de balde.

O documental é unha homenaxe a todas as familias que sofren enfermidades raras, así como a todo o persoal sanitario, investigadores e todas aquelas persoas que apoian e axudan de forma desinteresada á Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH) na loita por un futuro mellor para Celia e Cayetana. A proxección está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa ASGPOH, AmanitaStudio, La Panificadora Estudios e Concello de Noia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies