Lousame acolle este domingo “Filipa cos contos”, de Bandullo Azul

0

Lousame, 27 de outubro do 2018 –  A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 28 de outubro, ás 18:00 horas, a actuación da compañía Bandullo Azul, que porá en escena a obra “Filipa cos contos”.

Trátase dunha sesión de 50 minutos na que o actor Fran Campos combinará contos, música, monicreques e teatro. A entrada é libre e de balde.

“Filipa cos contos” é un espectáculo dirixido a toda a familia, onde o actor Fran Campos e a súa “amiga” Filipa contan historias tradicionais, mesturadas con música e humor. Unha divertida maneira para que nenos e maiores desfruten, aprendan e reflexionen sobre os contos populares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial