займ срочно

Lousame acolle este domingo o conto musical Un lugar chamado mundo

0

Lousame, 15 de decembro do 2018 –  A Casa da Cultura de Lousame acolle este domingo, ás 18:00 horas, o conto musical Un lugar chamado mundo, de Verdeveras Expresións Musicais.  

Un lugar chamado mundo está dirixido a cativos a partir dos 4 anos de idade e as súas familias. Organizada polo Concello de Lousame, o acceso é libre e de balde ata completar aforo.

“A obra conta a historia dunha nena, unha regueifeira que queda de súpeto sen palabras e, por consello do seu avó, emprende unha viaxe polo mundo en busca de novas historias que merezan ser cantadas e contadas. Protagonizada por María Ángeles Iglesias e Tato López, o espectáculo busca poñer en valor a regueifa como parte do patrimonio cultural galego, así como estimular o coñecemento dos nenos e nenas das diversas culturas e ritmos do mundo (dende unha tarantella italiana ou un conto chinés ata o son cubano ou o rap, como forma de improvisación musical semellante á regueifa galega).

Ademais, ao optar por unha protagonista feminina, tamén axuda a que os presentes reflexionen sobre cuestións de xénero, xa que a regueifa na súa orixe era un espazo masculino.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies