Lousame adxudica as obras de substitución da cuberta do polideportivo

0

Lousame, 18 de maio do 2019 – O Concello de Lousame vén de adxudicar as obras de substitución da cuberta do polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra”.

A reforma do polideportivo foi licitada o pasado mes de marzo cun prezo base de 112.115,96 euros (IVE incluído) a través da Plataforma de Contratación do Sector Público e agora adxudicada para dar comezo aos traballos que teñen un prazo de execución dun mes.

As obras a acometer inclúen o levantado das chapas da cuberta, dos paneis translúcidos, canalóns e remates do actual polideportivo, que serán substituídos por unha cuberta de paneis sándwich illantes de aceiro, de 80 mm de espesor e 1.150 mm de ancho, con acabado inferior microperforado con parafusería de aceiro inoxidable, combinado con pranchas de policarbonato celular de 16 mm de espesor. Tamén se colocarán canalóns cadrados de aluminio lacado, con baixantes das mesmas características, para evacuar as augas pluviais.

Aproveitaranse as obras para revisar, limpar e tratar a estrutura metálica cun tratamento de protección para elementos de aceiro. Un tratamento anticorrosivo que se aplicará aproveitando que a estrutura metálica quedará á vista unha vez retirada a cuberta actual. Con estas actuacións, o Concello de Lousame garantirá a estanqueidade da instalación, mellorará o confort térmico interior e logrará unha mellor acústica na instalación, ao mellorar o comportamento da cuberta ao ruído.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial