займ срочно

Lousame saca a licitación a reforma integral da piscina municipal

0

Lousame, 7 de febreiro do 2020 – A piscina municipal de Lousame será reformada por completo unha vez rematado o proceso de adxudicación da obra que ven de abrir o concello.

As empresas que opten ao contrato de reforma da piscina municipal teñen ata o 24 de este mes para presentar as súas ofertas. O prazo de execución é de tres meses e o importe destinado de 163.777,48 euros (IVE incluído).

Lousame saca a licitación a reforma integral da piscina municipalO concelleiro de Deportes, Jesús Martínez Castro, explica que “a actuación permitirá unha reforma integral da piscina municipal, comezando por impermeabilizar o vaso da piscina para evitar fugas de auga e reparar as instalacións da sala de máquinas, e seguindo coa colocación dun novo pavimento e arranxos na zona das duchas e na carpintería interior, que nos viñan reclamando os veciños e veciñas de Lousame”.  

O proxecto inclúe a substitución do sumidoiro do vaso por outro novo con rexilla de plástico e a revisión e selado de inxectores do vaso da piscina. Ademais, procederase á impermeabilización do vaso da piscina cunha membrana antiesvarante e á instalación dun novo pavimento para todo o exterior. Este novo solo, feito en soleira de formigón armado sobre encachado de pedra granítica, substituirá ao actual, que se atopa nun deficiente estado debido ao seu uso. Finalmente, contémplase a ampliación da zona de praia da piscina en 4 metros.

Na sala de máquinas está prevista a colocación dunha nova electrobomba centrífuga, dun novo caudalímetro electromagnético, dunha nova sonda a nivel e dun novo circuíto de tuberías, válvulas e accesorios precisos para o vaso da instalación. Así mesmo, instalarase unha nova fontanería na sala de bombas, un novo cadro eléctrico e dous novos reguladores do pH e do cloro da auga piscina.

Lousame saca a licitación a reforma integral da piscina municipalNa parte eléctrica, o proxecto inclúe a colocación dunha rede eléctrica de distribución interior da sala de máquinas, a substitución do alumeado da zona de vestiarios e unha nova instalación de electricidade para o alumeado exterior, con novas luminarias de tecnoloxía LED. “Deixarase prevista unha canalización en tubería de PVC para a instalación dos paneis solares que está previsto instalar cara a sala de bombas”, adianta Jesús Martínez.

No resto da instalación está previsto actuar sobre a carpintería e as paredes, ás que se lles aplicarán tratamentos protectores (insecticida, funxicida e termicida) e antihumidades, así como dúas mans de pintura. As obras están incluídas no Plan Complementario do Plan Único 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies