Lousame achégase á escritura chinesa cun obradoiro de animación a lectura

0

Lousame, 26 de abril do 2017 –  A Casa da Cultura de Lousame acollerá este venres 28 de abril, ás 18:00 horas, o obradoiro de animación á lectura “Os catro tesouros do gabinete do escribán”, unha aproximación á escritura chinesa.

Trátase dun obradoiro dirixido a nenos e nenas de 6 anos en adiante (os menores de 8 anos teñen que vir acompañados por un adulto). A participación é totalmente libre, pero é precisa a inscrición previa a través do e-mail casacultura@concellodelousame.com.

“Os catro tesouros do gabinete do escribán” é unha actividade que combina a animación á lectura cun obradoiro práctico de introdución á caligrafía chinesa. Así, os pequenos de Lousame introduciranse brevemente no sistema de escritura chinés a través de aspectos históricos, culturais e plásticos do sistema de escritura máis antigo do mundo. Acto seguido participarán nun obradoiro práctico no que se asomarán a esta cultura milenaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial