Lousame apoia un proxecto da Iniciativa Xove que ofrecerá unha ruta de sendeirismo terrorífica e teatro

0

As actividades procuran a integración social, mediante a participación de persoas con discapacidade, e a difusión do patrimonio natural e cultural da zona

Lousame, 07/09/2016 – O Concello de Lousame apoia un proxecto impulsado por un grupo de mozos e mozas do municipio, que ofrecerá unha ruta de sendeirismo terrorífica e unha representación teatral. As actividades están enmarcadas na convocatoria Iniciativa Xove, da Xunta de Galicia. Acaban de ser presentadas pola concelleira de Cultura de Lousame, María Regenjo, e por Adriana Castro, portavoz do grupo xuvenil AVAD Lousame.

lousame iniciativa xove 7 septiembre 2016_rA ruta de sendeirismo leva o nome de ‘Meigas polo Camiño’. Desenvolverase o sábado 24 de setembro, a partir das 21:00 horas, e terá unha ambientación terrorífica con varias escenificacións ao longo do percorrido. Cunha dificultade baixa e apta para todos os públicos, ten unha lonxitude de sete quilómetros. A saída sera en Merelle, na estrada que vai de Noia a Boiro, e pasará polo paseo do río Vilar de Tállara e a Ponte de San Francisco. As inscricións xa se poden efectuar a través do correo electrónico avadlousame@gmail.com ou na Casa de Cultura de Lousame (981 825 780).

O espectáculo teatral do proxecto ten por título ‘O baúl musical’ e será representado o 9 de outubro, a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura de Lousame. Nesta función participan como actores e actrices varios veciños e veciñas da zona, que levan preparando desde principios do verán tanto os textos como os vestiarios e o conxunto de elementos da escenografía.

Un proxecto centrado na integración social

A concelleira de Cultura felicitou os integrantes do grupo promotor desta Iniciativa Xove polas características innovadoras do proxecto e sobre todo pola aposta que representa en canto a integración social a través da creatividade.

Neste sentido, cómpre destacar que as distintas actividades organizadas contan coa participación de persoas con algún tipo de discapacidade. En varias das actividades colabora a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. “Queremos lograr a integración co conxunto da poboación, cunha plena normalización entre as persoas con algún tipo de diversidade funcional e outras persoas sen discapacidade”, asegurou Adriana Castro.

Patrimonio cultural e inmaterial

A saída de sendeirismo ten tamén como obxectivo dar a coñecer o patrimonio natural de Lousame, ademais da riqueza inmaterial que representan as tradicións orais sobre as meigas. De feito, a ruta procurará amosar lugares que xeralmente a poboación da contorna descoñece. E para preparar as distintas escenificacións, os integrantes do grupo promotor efectuaron previamente un traballo de documentación relativo ás lendas sobre meigas.

O grupo

O grupo que presentou este proxecto ao programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación Social e Voluntariado da Xunta de Galicia está integrado por Adriana Castro, Vanesa Tubío, Manuel Patiño, Antonio Castro e Jesús Tubío. Xunto co propósito da integración social e da difusión cultural, tamén inspiran as súas actividades na promoción de novas formas de diversión para a poboación xuvenil no seu tempo libre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial