Lousame aproba o alleamento dunha casa en Camboño

0

Lousame, 14 de xaneiro do 2018 –  A Xunta de Goberno Local do Concello de Lousame vén de  aprobar o alleamento dun ben inmoble, composto por unha casa e unha finca de 374,83 m2, pertencentes ao patrimonio municipal do solo de Lousame e situada en Camboño.

O inmoble está situado en Corral de Abaixo 1, Chousa e a súa licitación realizarase mediante procedemento de poxa ao alza.

alleamento casa en camboñoO prego de condicións publicarase ao longo da próxima semana no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Edictos do Concello de Lousame. A vivenda atópase en solo de núcleo rural consolidado e conta cos distintos servizos: asfaltado de camiños, rede de abastecemento de auga, rede de saneamento, electricidade e telecomunicacións. Sobre unha superficie total da finca de 374,83 m2, o inmoble conta cunha planta baixa de 80,59 m2 e unha planta baixo cuberta de 44,26 m2 construídos. A edificación dispón de muros exteriores de pedra, con forxado unidireccional de formigón, estrutura metálica de cuberta, cuberta de fibrocemento, ventás e portas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial