займ срочно

Lousame aproba por unanimidade a Conta Xeral do 2016

0

Lousame, 11 de outubro do 2017 –  Lousame aprobou a Conta Xeral de 2016 nunha sesión extraordinaria e urxente á que asistiron catro concelleiros do Grupo de Goberno e os 3 representantes socialistas, estando ausentes os concelleiros do Partido da Terra e do BNG.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, xustificou a urxencia da sesión na necesidade de enviar a Conta Xeral ao Tribunal de Contas e salientou que “está informado favorablemente por Intervención e cumprimos todos os parámetros que hai que cumprir: regra de gasto, estabilidade orzamentaria…”

O pleno tomou tamén coñecemento da renuncia da concelleira do Partido da Terra, Silvia Cao Tubío, declarou a vacante e pediu o nomeamento dun substituto á Xunta Electoral Central. Teresa Villaverde apuntou que “pese a estar ausente, quero facerlle chegar o meu agradecemento polo seu traballo nestes meses e desexarlle sorte na súa vida persoal e profesional”.

Con esta renuncia, que obedece á intención anunciada polo Partido da Terra de que todos os seus candidatos puideran exercer como concelleiros durante un trimestre, xa son catro as renuncias consecutivas. O seguinte concelleiro na lista é Xosé Tubío Rodríguez, que deberá aceptar o nomeamento da Xunta Electoral Central e tomar posesión na seguinte sesión plenaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies