займ срочно

Lousame aproba o orzamento para o 2020

0

Lousame, 3 de febreiro do 2020 – O concello de Lousame aprobou un orzamento de 3,8 millóns de euros co apoio de PP e Psoe xa que o BNG xustificou a súa ausencia da sesión.

O orzamento crece un 0,06 por cento e destina 1,2 destínanse a servizos sociais, deportes e cultura. A alcaldesa, Teresa Villaverde, explicou que “é un orzamento garantista e realista, e poñéndonos sempre na peor das situacións”, que cumpre cos principios de estabilidade orzamentaria, coa regra de gasto e co límite de débeda.

A rexedora destacou os 882.000 euros de investimento en servizos sociais, o 23,1% do orzamento, así como os 340.000 euros para cultura, deporte e ensino. Neste sentido, Villaverde pediu “que non se nos minoren as achegas para gasto corrente, pois son precisas para manter todos os servizos que temos, o que supón un gran esforzo: dependencia, axuda no fogar, punto de atención á infancia…”.

A alcaldesa salientou que o capítulo de investimentos reais ascende a 940.187,59 euros, se ben puntualizou que “neste capítulo 6 só están incluídas aquelas inversións que tiñamos confirmadas en novembro, cando se comezaron a elaborar estes orzamentos”. De feito, indicou que a día de hoxe “poderían ir incluídas máis inversións que xa están concedidas, pero non están aínda contempladas”.

Finalmente, a alcaldesa referiuse tamén ás indicacións da Secretaría sobre persoal e a excesiva temporalidade do mesmo, que fan precisa a elaboración dunha Relación de Postos de Traballo (RPT). Villaverde Pais explicou que “xa tiven os primeiros contactos con empresas e agardamos recibir nas próximas semanas varios presupostos para facer a RPT. Con isto, sumado ao convenio laboral asinado a pasada lexislatura, se irán creando as prazas e cubríndoas con postos de funcionariado”. Un punto no que fixo fincapé na problemática que supón para os Concellos pequenos que o posto de Tesourería teña que ser cuberto por un habilitado nacional, polo gasto que supón. “Estamos estudando a posibilidade de compartir a persoa responsable de Tesourería con outros concellos”, adiantou Villaverde Pais.

Lousame aproba o orzamento para o 2020Revisión de prezos e inversión

Pola súa banda, o voceiro do PSOE, Julio Paradela, indicou que “a inversión é moi baixa, non sabemos o que pode vir” e criticou que “estamos abocando o concello ao turismo, cando debería ser algo máis que promoción turística. Botamos de menos outros investimentos”, sen especificar cales. Paradela Busto tamén cuestionou os 340.000 euros para cultura, deporte e ensino e lamentou que “estamos asumindo servizos que non nos corresponden, xerando un gasto ao concello”.

Neste sentido, fixo fincapé en que “sabemos que coa recollida do lixo había un acordo para a revisión de prezos e non se fixo, polo que hai un desfase entre os 161.000 euros que pagamos e os 116.000 euros que ingresamos”. Así, indicou que “os ingresos non suben, o ano pasado recadouse máis”.

Aposta polo turismo e non subir impostos

Na quenda de réplica, Teresa Villaverde respondeu a todas as criticas do voceiro municipal socialista. Sobre os investimentos, a alcaldesa de Lousame indicou que “neses máis de 940.000 euros non están contempladas inversións como o Fondo de Compensación Ambiental ou o Plan de Camiños porque, cando se fixeron os orzamentos, aínda non saíran as convocatorias. Aínda así, as inversión representan o 24,75% do orzamento e esta cantidade será moito maior”.

Sobre o turismo, Villaverde explicou que “estamos dándolle a importancia ao turismo como sector con implicacións económicas e que a nosa poboación debe ver como un nicho de mercado para aproveitar porque, se non o fan eles, farano outros de fóra do concello”.

Sobre a recollida do lixo, a alcaldesa de Lousame recoñeceu a existencia do acordo para revisar os prezos do servizo, pero que “é un incumprimento que asumimos para non ter que subirlle a taxa do lixo á veciñanza”. Neste sentido, lembrou que o Concello tamén decidiu rebaixar os tipos catastrais e aplicar unha bonificación do 95% do IBI ás explotacións agrarias e gandeiras de Lousame para compensar a revisión Catastral. Porén, Villaverde si que anunciou que “este anos faremos unha revisión vivenda por vivenda para comprobar se hai alguén que non estea pagando pola recollida do lixo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies