Lousame aproba unha partida para un parque público en Camboño e a pavimentación e saneamento en Figueroa

0

Lousame, 30 de abril do 2019 –  O Concello de Lousame aprobou nunha sesión plenaria e urxente, cos 5 votos a favor do PP e as tres abstencións do PSOE, un expediente de modificación de crédito por 44.869 euros para un parque público en Camboño e a pavimentación e saneamento en Figueroa.

As actuacións supoñen un investimento de 17.953 euros para dotar de equipamento (bancos, papeleiras…) o parque público de Camboño e outro de 26.916 euros para traballos de reparación e saneamento da aldea de Figueroa (parroquia de Tállara). Unhas actuacións que se farán con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería, que ascende a 279.291,54 euros, e toda vez que son operacións financeiramente sostibles e non é preciso destinar nada do remanente a reducir débeda, xa que o endebedamento do Concello de Lousame é cero.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que “este ano melloramos a capa de rodaxe do acceso a esta aldea en dous tramos de case medio quilómetro e dotámolo de recollida de augas pluviais, pero quedou unha zona próxima ao lavadoiro e ao cruceiro onde non puidemos actuar nese momento e que imos acometer agora”. As obras realizadas permitiron ampliar en 1,5 metros os accesos a Figueroa, que nalgún tramo eran de apenas 3,5 metros, así como executar 4 arquetas de sumidoiro para a recollida de pluviais e reparar as fochancas existentes antes de mellorar a capa de rodadura con 5 centímetros de aglomerado en quente.

Os dous grupos municipais estiveron de acordo en cambiar a data do pleno ordinario de maio ao mércores 8 de maio, ás 20:30 horas, para que non coincidira cos actos de fin de campaña das eleccións municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial