Lousame mellora os camiños de Crons á Igrexa de Camboño e do cruce de Ces a Fruíme

0

Lousame, 17 de xaneiro do 2018 – O Concello de Lousame adxudicou a mellora con aglomerado en quente dos camiños de Crons á Igrexa de Camboño e do cruce de Ces á subida a Fruíme por un importe de 108.295 euros.

Unhas obras financiadas ao abeiro do Plan Único de Concellos “POS+2017” e que teñen un prazo de execución de seis meses.

Vista área do tramo entre Ces e Fruíme

O proxecto máis importante, orzamentariamente falando, é a mellora do camiño de Crons á Igrexa de Camboño, orzamentado en 53.567 euros. Uns traballos que permitirán a reparación de fochancas e mellora da capa de rodaxe de case 1,3 quilómetros desta estrada con cinco centímetros de aglomerado en quente. Así mesmo, perfilaranse as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo e limparanse as gabias e salvagabias. Finalmente, para mellorar a drenaxe das augas pluviais, executarase unha cuneta de seguridade de 100 metros e revestida de formigón.

No caso do camiño entre o cruce de Ces e a subida á Fruíme o presuposto ascende a 21.825 euros e inclúen a mellora dunha pista de 400 metros de longo por 7 metros de ancho. As melloras suporán un ancheamento da pista de 125 m2, a reparación de fochas e a mellora da capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma. Por último, limparanse gabias e salvagabias e reporase a sinalización horizontal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial