Lousame inviste 26.100 no Punto de Atención á Infancia

0

Lousame, 9 de febreiro do 2018 – O Concello de Lousame ven de investir 26.100 euros en varias melloras no equipamento do Punto de Atención á Infancia de Tállara, que conta con 20 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

O Punto de Atención a Infancia conta xa cun aire acondicionado e un novo encerado dixital para realizar presentacións aos cativos. No exterior do inmoble, as melloras realizadas centráronse no parque infantil, onde o concello ampliou a todo o patio o chan de caucho compacto de cores que ata o de agora só estaba na zona de xogos

Os investimentos foron realizados grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Política Social. A concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, explica que “grazas a unha subvención da Xunta puidemos dotar o PAI dun encerado dixital e dun equipo informático para que as mestras poidan presentar os seus contidos da clase dun xeito diferente e que está a gustarlles moito aos nenos e nenas”. Ademais, dotouse ao inmoble dun sistema de aire acondicionado, “que xa está a supoñer unha gran mellora nestes días de frío e que será especialmente ben recibido coa chegada da calor”, indica a concelleira de Ensino.

Con respecto as melloras no exterior a concelleira explicou que “Trátase dun pavimento moito máis duradeiro, limpo, hixiénico e seguro para os nenos e nenas, ademais dotamos dunha zona de sombra a unha parte do patio, que estará separado da zona de xogos por un valado en cores. A idea é que se poidan facer actividades nese lugar e que serva como patio cuberto en días de choiva e tamén para protección contra o sol na primavera e no verán”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies