займ срочно

Lousame abre o prazo de solicitudes de bonificación do IBI en explotacións agrarias e gandeiras

0

Lousame, 6 de novembro do 2018 –  O Concello de Lousame informa de que ata o 21 de novembro estará aberto o prazo para optar ás bonificacións do 95% da cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles, IBI. 

Estos descontos no IBI son de aplicación nas edificacións onde se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario e foron aprobadas o pasado mes de novembro.

Os veciños interesados en optar a esta bonificación deberán presentar no Concello de Lousame o certificado de Facenda no que conste a súa situación censual, acreditación da titularidade catastral do inmoble, certificado de non ter débedas coa Seguridade Social nin con Facenda (estatal, autonómica e local) e xustificante do recoñecemento de explotación ou licenza de actividade. O prazo de presentación remata o 21 de novembro de 2018.

A alcaldesa Teresa Villaverde lembra que esta bonificación, unidas á rebaixa dos tipos catastrais, “son as únicas que pode asumir o Concello, dentro das súas competencias legais, para paliar os efectos que a Regularización Catastral poidan ter sobre as familias de Lousame”. Así mesmo, fixo fincapé en que é o veciño/a quen ten que solicitar a bonificación, xa que a Lei non lle permite ao Concello outorgarlla directamente de oficio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies