займ срочно

Lousame bonificará o 95% do IBI ás explotacións agrarias e gandeiras

0

Lousame, 20 de maio do 2017 – O Concello de Lousame bonificará o 95% da cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) naquelas edificacións onde se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario e reducirá o tipo de gravame para rústica e urbana. A medidad foi aprobada polo pleno onte venres.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou nunha xornada previa cos veciños que “dende a Alcaldía proporemos este venres ao Pleno Municipal unha modificación na ordenanza do IBI para reducir o tipo de gravame para os inmobles de natureza rústica, que pasará do 0,65% ao 0,45%, e para os de natureza urbana, que pasarán do 0,55% ao 0,50%”. Así mesmo, o Pleno aprobará unha bonificación do 95% do IBI para os inmobles nos que se desenvolven actividades agrarias e gandeiras, “pois consideramos que é un sector estratéxico para o nosos territorio e porque Lousame é un concello plenamente rural”, indicou a alcaldesa.

Xaneiro de 2018

Villaverde apuntou que “a rebaixa vaise aplicar dende xaneiro de 2018” e fixo fincapé en que estas medidas “son as únicas que pode asumir o Concello, dentro das súas competencias legais, para paliar os efectos que a Regularización Catastral poidan ter sobre as familias de Lousame”. Así mesmo, fixo fincapé en que é o veciño/a quen ten que solicitar a bonificación, xa que a Lei non lle permite ao Concello outorgarlla directamente de oficio: ten que ser cada propietario/a o que se dirixa ao Concello para solicitala.

Finalmente, a alcaldesa explicou que case catrocentos veciños e veciñas fixeron uso do servizo de asesoramento gratuíto sobre o proceso de regularización catastral posto en marcha polo Concello de Lousame entre os días 2 e 18 de maio. “Hai máis de 120 alegacións presentadas e, se precisades axuda para presentar algunha máis, podedes acudir ao Concello”, apuntou Villaverde Pais.

Recibo da luz

Previamente a reunión sobre o IBI, os veciños e veciñas asistiron a unha charla de Xabier González, técnico en xestión enerxética, que lles explicou trámites administrativos para poder baixar a factura da luz. “Se combinamos todas, as facturas poden baixar case á metade”, advertiu González, quen deu unha serie de consellos aos presentes. “Vivendas cunha potencia contratada por enriba de 6 kW/hora se pode baixar, se ben baixar de 4 xa é complicado”, apuntou Xabier González. Por cada kW/hora menos supón un aforro de 53 euros ao ano.

Tamén lles explicou que “podemos aforrar ata un 10% cambiando a tarifa contratada a outra que nos sexa máis beneficiosa” e aconsellou optar polo mercado regulado fronte ao mercado libre. Finalmente, fixo fincapé na importancia de solicitar o Bono Social no caso de ter dereito a el pois “supón un 25% de desconto e para pedilo só é preciso que o contrato estea ao teu nome, estar empadroado nesa vivenda e cumprir un dos catro supostos previstos: ser pensionista, estar en situación de desemprego, ser familia numerosa ou ter unha potencia contratada inferior a 3 kw”.

Algúns veciños e veciñas aproveitaron a ocasión para levar cadanseu recibo, de xeito que o técnico lles foi informando das posibilidades para reducir o prezo final das súas facturas. De feito, a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, anunciou que “en vista das numerosas dúbidas que xorden imos facer unha nova reunión proximamente para que os veciños e veciñas poidan traer cadansúas facturas e poder facerlles as recomendacións máis adaptadas ás súas necesidades”. Unha nova reunión que será convocada en próximas datas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies