Lousame mellora a eficiencia enerxética da casa consistorial

0

Lousame, 20 de xullo do 2020 –  O Concello de Lousame está a substituír as galerías das fachadas principal e posterior da casa consistorial para mellorar a eficiencia enerxética.

Lousame inviste no cambio algo máis de 17.000 euros. As obras comezaron a pasada semana e poderían rematarse antes de que remate o mes.

Lousame mellora a eficiencia enerxética da casa consistorialAs galerías actuais non están preparadas nin para diminuír o aumento de temperatura cando o sol incide nas carpinterías nin son eficientes á hora de conservar o calor do interior do edificio cando as temperaturas exteriores baixas. Ademais, ao non seren unhas galerías termicamente eficientes, durante o inverno se perde totalmente o calor subministrado pola calefacción dos tres despachos que se iluminan a través delas así como da zona das escaleiras e distribuidores.

Unha vez constatado a imposibilidade de acometer novas reparacións e dado o elevado custo de cambiar unicamente os vidros, optouse por substituír as galerías actuais por unha carpintería de PVC que permite un maior illamento, evitando a condensación nos perfís de aluminio. As novas galerías contarán cun prazo de garantía de 3 anos dende o remata da súa instalación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial