Lousame mellora o camiño entre Seoane e Cerquides

0

Lousame, 27 de setembro do 2017 – O Concello de Lousame está a acometer estes días as obras de mellora do camiño entre Seoane e Cerquides, na parroquia de Lousame.

Unhas obras adxudicadas por 62.885 euros e que mellorarán a capa de rodaxe desta pista, de 2.575 metros de lonxitude.

As obras entre Seoane e Cerquides permitirán anchear nun metro a pista, que pasará a contar con cinco metros, o que redundará nunha maior seguridade viaria para condutores e peóns. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “estamos falando dun camiño que estaba moi deteriorado, sobre todo polas raíces das árbores que facían que tivera moitos altos e baixos, pero que agora vai estar ben asfaltado”.

Con máis do 50% da obra executada, agárdase que nos próximos días a pista quede lista, se ben en ningún momento foi preciso interromper o tráfico por ela. Os traballos consistiron na mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado dos 4 metros da plataforma, previa reparación de fochancas e emprego de quince centímetros de zahorra, dez de grava e tratamento asfáltico semiprofundo na ampliación do ancho da superficie pavimentada, que medrará medio metro a cada lado.

Así mesmo, actuarase de xeito especial en dous treitos de 70×30 metros e de 90x 30 metros, onde a pavimentación se realizará con dez centímetros de zahorra, outros dez de grava e triplo tratamento asfáltico. Tamén está previsto un tramo de 30 x 60 metros, o máis próximo a Seoane, no que xa se demoleu o pavimento existente para a súa pavimentación con dez centímetros de formigón, mallazo e xuntas de dilatación. As obras contemplan finalmente a apertura de gabias, a limpeza de salvagabias para a súa drenaxe correcta e a colocación dun sinal de STOP.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies