Lousame apostan pola compostaxe

0

Lousame, 12 de decembro do 2019 – Unha campaña de sensibilización da Mancomunidade Serra do Barbanza levará a compostaxe doméstica ao concello de Lousame.

O próximo martes día 17 esta campaña a favor da compostaxe será presentada na Casa da Cultura as once  e media da mañá. En esta iniciativa repartiranse 42 unidades de composteiro para outros tantos domicilios.

O concelleiro de Medio Ambiente, Ramón Martínez Rial, explica que “o obxectivo é fomentar a reciclaxe dos residuos orgánicos que xeramos nos nosos fogares polo que a campaña estará aberta á participación de 42 familias que estean interesadas. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso inscribirse previamente no 918 820 494, xa que as familias participantes serán elixidas por rigorosa orde de inscrición no Concello”.

O martes esas 42 familias participarán nunha xornada formativa para ofrecerlles os coñecementos precisos para desenvolver correctamente a reciclaxe nas súas vivendas. “Deste xeito, esas familias poderán xestionar nas súas casas os residuos orgánicos que xeran e obterán un fertilizante natural e de calidade que poderán empregar nas súas hortas”, apunta o concelleiro de Medio Ambiente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial