Lousame convoca obradoiros de cestaría, tapicería e elaboración de lámpadas de origami

0

Lousame, 29 de xaneiro do 2020 – O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nos seus Obradoiros 2020, catro iniciativas formativas dirixidas a adultos que se desenvolverán entre os meses de febreiro a abril.

As persoas interesadas en participar nos obradoiros poden inscribirse no teléfono 981 825 780 ou na Casa da Cultura de Lousame. O número de prazas está limitado a catorce persoas por curso e a admisión realizarase segundo orde de inscrición.

lousame obradoirosA oferta formativa do Concello de Lousame inclúe catro cursos: dous de cestaría tradicional, un de tapicería e outro de lámpadas de origami. Os dous cursos de cestaría tradicional son froito do grande interese que suscitaron os realizados pola artista Idoia Cuesta en 2019, se ben nesta ocasión será outro artesá quen se encargue da docencia e non son precisos coñecementos previos para participar.

O curso de Cestaría Tradicional I terá lugar unha duración de 10 horas, repartidas en 5 sesións de dúas horas que terán lugar todos os sábados a partir do 8 de febreiro, en horario de 10:30 a 12:30 horas, na Casa da Cultura. O seu prezo será de 30 euros máis material. Unha vez remate este curso comezará o de Cestaría Tradicional II, que terá lugar durante os meses de marzo e abril. Un obradoiro que non se configura como continuación do anterior, senón como utilización doutro tipo de materiais, polo que para participar non é preciso ter coñecementos previos nin ter cursado o primeiro obradoiro.

As dúas novidades da programación formativa para adultos do Concello de Lousame serán o curso de tapicería-restauración, que terá lugar todos os martes de febreiro e marzo en horario de 19:30 a 21:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Finalmente, o curso máis sorprendente será o de creación de lámpadas de origami, que terá lugar no mes de abril. Neste obradoiro, o alumnado descubrirá os materiais e as ferramentas precisas, os plegados básicos do papel e os diagramas precisos para realizar as súas propias lámpadas de origami.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial