займ срочно

Lousame celebrará o Entroido este sábado 22

0

Lousame, 21 de febreiro do 2020 – O Concello de Lousame celebrará este sábado 22 de febreiro o seu Festival de Entroido, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Esta festa de Entroido celebrarase  no polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” (A Silva). Un festival que mantén o modelo probado con éxito en 2016: non haberá Concurso de Disfraces, que pasará a converterse nun Desfile de Disfraces.

Os pormenores os explicou nunha rolda de prensa a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, acompañada polos técnicos de Cultura, María Teresa Baluja, e Voluntariado, José Manuel Outeiral  “queremos premiar a participación, non os cartos que a familia pode gastar nun disfrace. A idea é que sexa unha actividade familiar onde a xente participe e desfrute da festa, escapando dos premios e do concurso”.

Ademais de desfile de disfraces infantil, este ano tamén haberá desfile de adultos. Todas as persoas que participen disfrazadas recibirán un agasallo e, como novidade deste ano, entre os adultos sortearase unha cea para dúas persoas. As inscricións poden realizarse o mesmo día do festival.

Cambio na circulación

Así, de 17:00 a 20:00 horas, o polideportivo da Silva acollerá obradoiros de Entroido e Inchables, con desfile e baile con DJ. Así mesmo, haberá degustación de orellas, filloas e chocolate con churros. Por segundo ano consecutivo, o mago Charly Braun participará na festa facendo trucos de maxia de cerca entre todas as persoas que estean desfrutando da do festival.

A concelleira de Cultura anuncia tamén “haberá un cambio no sentido do tráfico, polo que lle pedimos á veciñanza que entre por arriba, pola entrada principal do colexio e que saia polo camiño de abaixo, pola fonte do Redullo. Facémolo por motivos de seguridade e comodidade de todo o mundo, xa que agardamos a asistencia de moitos veciños e veciñas de Lousame e da contorna que desexen pasar unha boa festa de entroido”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies