Lousame reparte os libros do terceiro trimestre

0

Lousame, 22 de abril do 2020 – O Concello de Lousame comezou este martes o reparto a domicilio dos libros do terceiro trimestre entre o alumnado do CPI Cernadas de Castro.

O reparto dos libros será asumida por voluntarios de Protección Civil e persoal municipal, en coordinación coa dirección do centro escolar lousamiá.

Lousame reparte os libros do terceiro trimestreA concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, e a directora do CPI Cernadas de Castro, Pilar Cobas, coordinaron a entrega do material no patio do centro escolar. “Hoxe mesmo xa empezamos pola parroquia de San Xusto e nos próximos días entregaranse os libros nos domicilios do alumnado en todas as parroquias de Lousame”, explica a concelleira de Ensino, quen agradece o labor do voluntariado municipal e do persoal municipal.

 Un centro escolar ao que recentemente se lle entregaron tres ordenadores portátiles con conexión a Internet gratuítas, achegados pola Xunta de Galicia e destinados ao alumnado das familias con menos recursos económicos. Uns equipos e conectividade que as familias reciben como préstamo persoal para facilitarlles ao alumnado o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial