займ срочно

Lousame aproba as bases do concurso público para a provisión do posto de Secretaría -Intervención

0

Lousame, 29 de xaneiro do 2018 – O pleno municipal de Lousame aprobou de forma definitiva as bases que rexerán o concurso público para a provisión do posto de Secretaría -Intervención do Concello, logo de aceptar as alegacións presentadas polo colexio profesional durante o tempo de exposición pública das bases.

As bases do concurso para o posto de Secretaría – Intervención  foron apronadas por unanimidade, cos 9 votos a favor de PP e BNG (non asistiron os representantes de Terras de Lousame e BNG).

A alcaldesa, Teresa Villaverde, explicou que “as bases estaban ben como estaban pero houbo unha alegación por algúns aspectos que nós pensamos que son diferenciadores do Concello de Lousame fronte a outros concellos do mesmo tamaño pero, como non queremos correr o risco de ir a un contencioso e atrasar o procedemento, preferimos aceptar as alegacións e eliminar eses puntos que nos piden”. Os cambios afectan aos méritos puntuables, polo que se retiran algúns cursos da EGAP e a experiencia en determinados servizos públicos. “Entendemos que non é o mesmo traballar nun concello que ten un centro de día ou unha escola de música a outro que non o ten, pero non queremos prolongar a espera e preferimos retirar eses puntos e contar co novo secretario-interventor canto antes”, apuntou Villaverde Pais.

Mocións

Na quenda de mocións, o pleno municipal aprobou unha moción de urxencia presentada polo grupo municipal popular a prol da prisión permanente revisable, “unha institución coherente e con encaixe no sistema penal español”, apuntou Teresa Villaverde. Unha moción que saíu adiante cos 6 votos a favor do PP e as 3 abstencións do PSOE.

Finalmente, o pleno rexeitou a moción de urxencia presentada polo grupo municipal socialista na que pedían a retirada do anteproxecto de Lei Galega de Saúde, a restitución das Xerencias de Atención Primaria (e dotalas con recursos) e volver á Lei de Saúde de 2008. Julio Paradela asegurou que o anteproxecto de lei “vai supoñer un novo recorte e unha precarización do sistema público de saúde pois reduce ás áreas sanitarias e obriga ao médico atender a 40 ou 50 persoas ao día”.

Teresa Villaverde xustificou a oposición do seu grupo á moción en que “non se pide o cambio dun punto concreto, senón a retirada”. Neste sentido, indicou que “houbo seis meses para achegar cousas e non se dixo nada”. A moción foi rexeitada cos 6 votos en contra do PP fronte aos 3 a favor do PSOE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies