Unha nova autorización da vía libre aos traballos na mina de San Finx en Lousame

0

Lousame, 24 de febreiro do 2020 – O colectivo ContraminAccion denuncia que a autorización, por dous meses, dunha planta piloto de tratamento nas minas de San Finx ampara a ocupación da canle do río.

Colectivos medioambientais denunciaran a autorización de San Finxs á que consideran ilegal. Explican que se da no marco dun proceso cun prazo de resolución rematado hai 3 anos.

Unha porta que se abre

A xuízo de ContraminAcción esta autorización para o tratamento de 2.000 litros de auga por hora encubriría unha autorización de vertidos. No ano 2017 a empresa abría unha 5º planta por debaixo do nivel de inundación o que a obrigaba a un bombeo constante. Estas drenaxes ácidas eran vertidas ao leito do río pese a non ter autorización nin declaración de impacto ambiental.

Según din “A mineira leva anos vertendo de xeito ilegal sen que se incoara un só procedemento sancionador, a pesar de constatarse que os altos niveis de cadmio, cobre e cinc presentes no río son resultado directo das verteduras da mina”.

Restaurar a mina

Según distintos colectivos medioambientais as únicas medidas que corresponden na mina, unha vez que xa se constataron a existencia de verteduras, son as destinadas a impedilas. Consideran que corresponde o selado das canles transversais de desaugue e o taponado de chemineas e pozos de ventilación. Con estas accións conseguiríase que as plantas baleiradas desde o 2008 se inundaran de novo e se crearían condicións anaerobias que minimicen os procesos de xeración de drenaxes ácidas de mina.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial