Lousame asina un convenio co Club de Baloncesto Porto do Son

0

Lousame, 13 de outubro do 2018 –  A alcaldesa do Concello de Lousame, Teresa Villaverde, e o presidente do Club de Baloncesto Porto do Son, Juan José Filgueira, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades para o fomento deste deporte entre os nenos do municipio.

No acordo co Club de Baloncesto Porto do Son, Lousame cederá as instalacións do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra e achegará todo o material preciso, mentres que dende o equipo comprométense a impartir a formación, organizar ao longo do ano actividades para promover o baloncesto entre a veciñanza e a formar un equipo de minibasket que compita na Liga Federada da Delegación de Santiago da Federación Galega de Baloncesto.

A escola deportiva de baloncesto do Concello de Lousame botará a andar o próximo martes 16 de outubro, cando está prevista unha presentación da actividade aos nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro. Dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de idade, as clases impartiranse no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra os martes e xoves, en horario de 14:15 a 15:15 horas. O prezo da actividade será de 15 euros/mes. Máis información e inscricións en cbportodoson@gmail.com, por whatsapp no 639 941 364 ou na oficina de Deportes do Concello de Lousame (981 825 780).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial