займ срочно

Lousame convoca o programa Concilia, para atención dos cativos antes das clases

0

Lousame, 17 de setembro do 2018 – O Concello de Lousame abre hoxe luns o prazo de inscrición no programa Lousame Concilia, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Cernadas de Castro entre as 7:45 horas e o inicio das clases (9:45 horas). Como en anos anteriores, convócanse un total de 20 prazas e mantéñense os prezos nos 6 euros/mes ou 1 euro/día.

O prazo de inscrición no programa Concilia estará aberto ata o próximo 21 de setembro no Departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Á hora de establecer o baremo para a admisión dos pequenos, o Concello outorgará 3 puntos a todos os menores empadroados cunha antigüidade mínima dun ano. Así mesmo, outorgaranse 2 puntos a aquelas solicitudes cos dous proxenitores empregados e 1 punto no casos nos que un dos proxenitores traballe. Tamén se outorgará 1 punto aos que non superen os ingresos establecidos para a situación socioeconómica familiar. Como novidade, este ano recibirán 2 puntos as familias monoparentais co/a proxenitor/a empregado/a.

No caso de que houbera máis solicitudes que prazas, os empates resolveranse por rigorosa orde de inscrición, é dicir, segundo o número de entrada da solicitude no Rexistro Municipal de Lousame. Os impresos poderán recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente da web municipal (www.concellodelousame.gal). Canda a solicitude asinada deberán presentar a última nómina ou recibo de autónomos, para así acreditar a súa situación laboral; así como o certificado de familia monoparental, se fose o caso.

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia. O Concello de Lousame lembra que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos en datas concretas durante o curso escolar. Para iso é preciso chamar ao 636 517 268 para reservar a praza. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies