Lousame convoca vinte prazas no Lousame Concilia para as vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa

0

Lousame, 8 de decembro do 2017 – O Concello de Lousame convoca 20 prazas no “Lousame Concilia”, o seu programa de conciliación familiar que por segundo ano consecutivo se convocará conxuntamente para Nadal, Entroido e Semana Santa.

As familias poderán anotarse no Lousame concilia nun, dous ou nos tres períodos ofertados. Unhas inscricións que deberán formalizar nos Servizos Sociais do concello entre o 11 e o 15 de decembro.

O Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 12 anos que terá lugar durante os días laborables dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello de Lousame convoca 20 prazas para os próximos tres períodos vacacionais: Nadal (8 días: 26, 27, 28 e 29 de decembro; e do 2 ao 5 de xaneiro), Entroido (3 días: do 12 ao 15 de febreiro de 2018) e Semana Santa (3 días: do 26 ao 28 de marzo).

Para anotarse, as familias só terán que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude (que poden descargar da web do Concello) e presentar a última nómina ou recibo de autónomos para acreditar a situación laboral puntuable. Á hora de establecer o baremo para a admisión dos pequenos, o Concello de Lousame outorgará 3 puntos a todos os menores empadroados en Lousame cunha antigüidade mínima dun ano. Así mesmo, daranse 2 puntos a aquelas solicitudes cos dous proxenitores empregados e 1 punto no casos nos que un dos proxenitores traballe. Tamén se outorgará 1 punto aos que non superen os ingresos establecidos para a situación socioeconómica familiar (3.495,96 euros/mes como cifra xeral e 4.020,35 euros no caso de familias monoparentais ou numerosas).

En caso de empate na puntuación, aplicarase a orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello de Lousame. Así mesmo, dende Servizos Sociais lembran que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos ao Lousame Concilia en datas concretas, sempre que queden prazas vacantes. Para iso é preciso chamar ao 609 828 853 para reservar a praza. Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies