Lousame creará unha bolsa de emprego para o servizo de Axuda no Fogar

0

Lousame, 5 de febreiro do 2020 –  O Concello de Lousame vén de publicar na súa páxina web  as bases da convocatoria do proceso de selección de persoal laboral para crear unha bolsa de emprego.

A bolsa de emprego servirá para realizar as contratacións temporais como auxiliares no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia. O prazo de presentación de instancias no Rexistro Xeral do Concello é de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Esta bolsa servirá de base para a contratación temporal ou nomeamentos interinos de persoal na categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar do Concello de Lousame nos casos de substitución do persoal por vacacións, permisos, baixas por maternidade ou por acumulación de tarefas.

O traballo a realizar será o de atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria da persoa dependente (asistencia para levantarse e deitarse, apoio na hixiene persoal e vestirse, control do réxime alimentario, supervisión da administración de medicamentos, apoio para cambios posturais…) así como atencións das súas necesidades de carácter doméstico e da vivenda (limpeza da vivenda, preparación dos alimentos, lavado e coidado das pezas de vestir, realización da compra diaria, apoio á unidade familiar…) e acompañamento persoal fora do fogar na realización doutras actividades necesarias (citas médicas, trámites de carácter administrativo ou xudicial…).

Para acceder á bolsa é preciso ter cumpridos os 16 anos, posuír o carné de manipulador de alimentos e estar en posición dun título habilitante (técnico en coidados auxiliares de enfermería, técnico en atención a persoas en situación de dependencia ou técnico superior en integración social) ou un certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, entre outros requisitos. A selección de persoal valorará con ata 3 puntos a formación do/a candidato/a e con ata 5 puntos a súa experiencia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial