займ срочно

Lousame demandará a Unión Fenosa solución aos microcortes de subministro

0

Lousame, 19 de novembro do 2018 –  O Concello de Lousame demandará a Unión Fenosa Distribución unha solución aos microcortes de subministro eléctrico que se se produciron en varios puntos do municipio.

Unha situación especialmente sorprendente despois de que Unión Fenosa Distribución realizara “trabajos de mejora y mantenimiento en nuestra red de distribución” durante o pasado mes de xullo en todo o municipio, que supuxeron tamén significativas molestias para a veciñanza lousamiá en forma de interrupcións temporais do subministro eléctrico. Unhas actuacións que, sen embargo, non serviron para evitar a problemática dos microcortes de subministro, que se intensificaron durante esta última semana.

Os microcortes prodúcense desde hai tempo pero nos últimos días sucedeu de forma continuada. Según a alcaldesa, Teresa Villaverde “supoñen moitas molestias e mesmo poden causar danos nos electrodomésticos. No caso concreto dos traballadores e traballadoras municipais, estes microcortes supoñen unha perda do traballo realizado, sobre todo cando falamos de subir documentación e expedientes ás distintas plataformas, e corremos tamén o risco de que os equipos informáticos poidan sufrir tamén algún dano”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies