займ срочно

Lousame desbloquea a situación contable nun pleno de urxencia

0

Lousame, 28 de novembro do 2017 – O concello de Lousame consigue desbloquear a situación que mantiña desde o mes de xuño cando unha baixa de persoal comezou a retrasar a situación contable do municipio.

Nun pleno de urxencia celebrado onte o concello aprobou unha modificación de crédito por valor de 101.551,54 euros, unha operación informada de xeito favorable pola intervención. A operación contable non afecta nin a estabilidade orzamentaria nin ao límite da débeda municipal.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, xustificou a urxencia da convocatoria, en resposta ás críticas da oposición, “porque era necesaria para desbloquear a situación contable do Concello. Como ben saben, o mes de xuño produciuse unha baixa e non dispoñamos do persoal preciso de contabilidade. Ata asinamos un convenio con outro concello da bisbarra e, tras moito traballo e esforzo, convocamos este pleno extraordinario por vía de urxencia. De aí a premura”, explicou.

O expediente de transferencia de crédito 21/2017 contempla más de medio cento de facturas. O importe total supera os 101.000 euros. O único punto da orde do día foi aprobado polos votos a favor do grupo de goberno e coa abstención dos edís do PSOE. O concelleiro de Terra Galega manifestou a súa desconformidade coa celebración do pleno e marchou antes de que se votara a urxencia do mesmo, polo que non estivo presente nesta votación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies