A planta de Lousame desconvocou a folga tras o preacordo coa empresa

0

Lousame, 23 de decembro do 2019 – A folga na recollida de lixo, nos concellos aos que atende a planta de reciclaxe de Lousame e que tiña que comezar este pasado sábado, foi finalmente desconvocada grazas ao preacordo coa empresa.

A principios de mes os traballadores convocaban unha folga para conseguir unha suba salarial vinculada, en parte, aos riscos do traballo. Tras as negociacións acadouse un preacordo coa concesionaria que recolle, no substancial, todas as súas demandas.

Preacordo folgas LousameO comité de empresa manifestou a súa satisfacción porque o preacordo contempla o plus de tóxicos que demandaban xunto con outras melloras. Isto suporá para as categorías máis baixas un incremento salarial, xa para o ano que vén, de 110 euros mensuais, e que ese incremento chegue a un 14% en catro anos, ademais de conseguir tamén incremento en festivos e 1 día máis de asuntos propios.

O preacordo foi ratificado nunha asemblea celebrada o pasado sábado co voto favorable da maioría dos traballadores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial