займ срочно

Lousame pecha a conta do 2017 cun superávit de máis de 213.000 euros

0

Lousame, 22 de xullo do 2018 –  O Concello de Lousame pechou o orzamento do 2017 cun superávit de tesourería para gastos xerais de 213.363,29 euros e un aforro neto positivo de máis de 159.000 euros.

O equipo de goberno presentou estes resultados no pleno ordinario correspondente ao mes de xullo. A sesión comezou cun minuto de silencio na honra do ex concelleiro socialista recentemente falecido, Jesús Lago. A alcaldesa, Teresa Villaverde, tirou de estas contas “un balance moi positivo xa que se executaron nun 86,04% e como se indica no informe de secretaría-intervención, acadouse un “aforro neto positivo 159.400,23 euros”.  Villaverde indicou que o superávit poderase utilizar para “levar a cabo diverso tipo de actuacións de mellora no municipio”.

Na sesión plenaria tamén se deu luz verde a dous recoñecementos extraxudiciais de crédito para realizar o pago de facturas pendentes. Un deles, por un importe de 15.775 euros, realizouse con cargo ao remanente de tesourería, aplicando, deste xeito, unha modificación extraordinaria de crédito, “non afectando nin a regra de gasto, nin ao endebedamento nin ao principio de estabilidade orzamentaria”, explicou a rexedora. En ambos os dous casos, o voceiro do PSOE, Julio Paradela, anunciou a abstención do seu grupo.

Na orde do día tamén estaba prevista a toma de posesión da edil de Terras de Lousame, Lucía Rodríguez Cao. Unha incorporación que non se realizou ao faltar a concelleira electa a esta sesión plenaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies