Lousame convoca a segunda edición de Espazos de Familia

0

Lousame, 23 de setembro do 2017 – O Concello de Lousame convoca a segunda edición do programa Espazos de Familia, unha actividade socioeducativa dirixida tanto a familias con fillos e fillas de ata 3 anos como a futuros pais e nais.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica a boa acollida dos Espazos de Familia “Comezamos no último trimestre deste ano e foi todo un éxito, xa que se trata de crear un espazo para o encontro e a formación das familias en temas relacionados coa primeira infancia: o sono infantil, al linguaxe, a importancia do xogo… E aprendes moito simplemente intercambiando experiencias a carón doutras familias”.

As sesións de Espazos en Familia terán lugar todos os martes, en horario de 11:00 a 12:30 horas, no local social de Tállara. Un tempo no que se levarán a cabo actividades e xogos en grupo que, ademais de propiciarlles ferramentas e coñecementos aos adultos, tamén servirán de resposta ás necesidades dos menores. “Ao finalizar as sesións, cada familia disporá do seu tempo individual para levar a cabo unha titoría concertada cos profesionais que imparten a actividade”, apunta Silvia Agrafojo.

O período de reserva de praza estará aberto ata o vindeiro 2 de marzo. Aínda que o Concello de Lousame xa remitiu cartas ás familias que poderían estar interesadas en participar, se alguén precisa máis información pode dirixirse aos Servizos Sociais Municipais ou chamar ao teléfono 981 820 494. A sesión inicial terá lugar o 3 de outubro, ás 11:00 horas, no local social de Tállara.

O programa Espazos en Familia de Lousame será levado a cabo pola Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, creada en febreiro de 2013 por profesionais procedentes da Fundación Preescolar na Casa, unha experiencia pioneira e referente no desenvolvemento da parentalidade positiva nas familias galegas durante os 36 anos que estivo en marcha.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies