Folga na recollida do lixo desde o día 21 e ata o 7 de xaneiro

0

Lousame, 13 de decembro do 2019 – O persoal da planta de recollida e tratamento de lixo de Lousame convoca folga a partir do día 21 tras fracasar as negociacións celebradas coa empresa onte xoves.

A folga será revisada o día 28 nunha asemblea que decidirá si se continúa ata xaneiro. A convocatoria de folga afectará á recollida de lixo dos concellos da mancomunidade do Barbanza e adheridos, un total de nove, entre os que están Ames, Rois, Brión, Lousame, Noia, Muros, Carnota, Porto do Son e Pontecesures, e responde á negociación do convenio colectivo. Segundo explica o representante da CIG, Paulo Rubido, “malia a convocatoria dunha xornada de folga o pasado día 7 de decembro, a situación está exactamente igual”.

Plus de tóxicos

O que demandan é a inclusión, no convenio, dun plus de tóxicos do 25% para todos os traballadores e traballadoras que traballan no sector do lixo, cumpríndose así o que establece a norma legal. Sinalan que, deste xeito, os seus salarios achegaríanse aos do persoal da plantas de Sogama, que cobra un 45% máis, ou ao das traballadoras e traballadores da planta de Albada, onde cobran un 16-17% máis.

folga no lixo

Imaxe de arquivo, tomada en Ames, dunha folga anterior

Ademais o persoal está disposto a aceptar que ese plus chegue ao 25% en tres ou catro anos, aplicado con carácter lineal. Iso traduciríase nun incremento salarial de 250€ o que significa que os salarios das traballadoras e traballadores da planta de Lousame non pasan de ser mileuristas

Neste sentido, Rubido salienta que nesta planta está aínda máis xustificado este plus, porque o contacto é máis directo, xa que nesta planta as traballadoras fan a separación manualmente o que fai que sexa a que ten mellor resultado do Estado español e sexa considerada a segunda mellor planta de recuperación e reciclaxe de Europa.

Agardan que a empresa reaccione e avance nas negociacións para que a folga non chegue a facerse efectiva, evitando así as consecuencias que unha folga de recollida de lixo ten para as veciñas e veciños dos concellos afectados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial