Cores de outono, un roteiro polo Río Vilacoba

0

Lousame, 25 de setembro do 2019 – Galicia Senderismo en colaboración co Concello de Lousame organiza, este sábado 28, unha ruta de sendeirismo polo Río Vilacoba que inclúe unha posterior visita ás minas de San Finx.

A ruta polo Vilacoba repite o trazado visitado no mes de xullo e que contou con gran participación. A intención e disfrutar das diferenzas entre estacións e de aí o nome de Cores de outono.

roteiro río vilacobaA ruta ten unha extensión de 15 quilómetros, polo que a iniciativa desenvolverase entre as 9:30 e as 17:30 horas do sábado 28 de setembro. O prezo da ruta é de 12 euros e inclúe o bus de traslado a Toxosoutos e seguros. As inscricións poden facerse a través de www.galiciasenderismo.com. O número de prazas é limitado.

Percorrido

A expedición sairá ás 9:30 horas da praza do Concello de Lousame, a onde está prevista a volta ás 17:30 horas. Iso si, partirán en autobús ata o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, de onde sairá a ruta cunha pequena ascensión de 2 km ata o Monte Culou, onde poderán disfrutar dunha vista da ría de Muros Noia, para baixar outros 4 km ata a Ponte Vella do río Vilacoba.

“Esta ruta é sombría e fresca porque seguiremos o sendeiro do río disfrutando da espectacular contorna fluvial, salpicada de fervenzas, ata chegar á Ponte Gaiteira. Descubriremos os enxeños hidráulicos que forman parte da cultura popular do pasado: papeleiras, canles, muíños… conforman unha paisaxe fluvial cun sistema de aproveitamento ecolóxico da agua”, apunta Sindo Gandarela, presidente de Galicia Senderismo.

A ruta rematará na praza do Concello, dende onde os sendeiristas collerán os seus vehículos para desprazárense ata as Minas de San Finx, onde farán unha visita guiada polo seu museo. O xantar pode ter lugar no merendeiro das minas ou no propio restaurante de San Finx.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial