Lousame aumenta en cinco horas e media o horario de visitas ás minas de San Finx

0

Lousame, 28 de marzo do 2018 – O Concello de Lousame ampliará durante esta Semana Santa o horario de visitas ás minas de San Finx, que se verá incrementado en cinco horas e media.

As minas de San Finx abrirán unha hora e media máis o mércores, xoves e venres; e media hora máis o sábado e domingo. Os novos horarios durante esta semana serán os seguintes: de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas. Así mesmo, haberá 5 visitas guiadas e gratuítas, sen necesidade de reservar praza, todos os días: ás 10:30, 11:30, 12:30, 17:30 e 18:30 horas.

Con esta ampliación de horarios, o Concello de Lousame quere facilitar a afluencia de visitantes aproveitando este tempo de vacacións. Unha afluencia que non deixou de medrar dende a incorporación dunha técnica de turismo e o novo horario de apertura do poboado mineiro. De feito, nos dous primeiros meses do ano xa suma 299 visitantes, fronte aos 210 rexistrados no primeiro trimestre de 2017.

Colegio Jaime Balmes

A estas cifras haberá que sumar as do mes de marzo, que con visitas como a recibida o pasado venres 23 seguro que rexistrarán un forte incremento. E é que ese día o complexo mineiro de San Finx recibiu a visita de 150 alumnos e alumnas de Secundaria do colexio Jaime Balmes de Noia.

“Os rapaces e rapazas realizaron unha visita pola contorna do poboado mineiro de San Finx, unha visita guiada polo edificio de talleres e polo edificio de compresores, así como unha proxección sobre a historia das minas”, explica Mónica Garrido, técnica de turismo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies