Lousame inviste máis de 77.000 € na mellora de Carantoña

0

Lousame, 13 de febreiro do 2019 –  O Concello de Lousame vén de iniciar as obras de pavimentación de viarios en Carantoña, na parroquia de Tállara.

Os traballos adxudicados en Carantoña teñen un investimento de 77.306,9 euros (IVE incluído) contan cun prazo máximo de execución de seis meses, se ben a empresa comprometeuse a telos rematado en tan só 90 días.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “trátase dunha das moitas actuacións que estamos facendo para mellorar os accesos ao interior das nosas aldeas”. De feito, nestes momentos tamén se están executando melloras nos accesos ás aldeas de Figueroa e de Pousada, ambas tamén na parroquia de Tállara. No caso de Carantoña, os traballos están incluidos no Plan Único de Concellos POS+2018.

As obras inclúen a pavimentación con 5 centímetros de zahorra e 12 de formigón, previa demolición, nivelación e compactación do pavimento actual, de catorce treitos de camiños na aldea de Carantoña ata complementar unha distancia de 644 metros e unha superficie de 3.081 m2, con anchos que oscilan entre os 3 e os 8,5 metros.

Así mesmo, contémplase a execución de 140 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón baixo a que se canalizará unha tubería de PVC de 315 mm de diámetro así como a execución de 6 arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais. Finalmente, os traballos contemplan a adaptación dos pozos e arquetas actuais á nova rasante.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial