Lousame mantén débeda cero e aforro postivo no 2018

0

Lousame 2 de marzo do 2019 – O pleno de Lousame deixou bos datos económicos no exercicio 2018 cun superávit de 311.333,24 euros, débeda cero e aforro en positivo.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, aportaba os datos na sesión extraordinaria celebrada o xoves “Lousame ten débeda bancaria cero e o aforro neto é positivo, de 82.189 euros, incluíndo o préstamo de 2018-2019 que aínda está sen contratar”. Tamén destacou o cumprimento da regra de gasto, cunha marxe de 69.853,21 euros, e o límite de endebedamento, que está situado no 39,33% fronte ao 70% marcado como límite. O período medio de pago é de 4,76 días. “Penso que son uns bos datos e que son resultado do traballo feito”, concluíu.

Investimentos

Na sesión plenaria aprobáronse por unanimidade dous recoñecementos de crédito e unha modificación de crédito con cargo ao remanente de tesourería. O REC 4/2019 destinará 1.300 euros para o pago de facturas presentadas o 30 e 31 de decembro, así como 65.119 euros de cotas da mancomunidade. O REC 5/2019 destinará 713 euros para o pago dun deshumidificador e unha cociña.

O pleno tamén aprobou un suplemento de crédito de case 75.000 euros, financiado con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais, para a compra duns arquivadores, dunhas luminarias para o campo de fútbol, “que permitirán un aforro enerxético do 70%, de forma que aforraremos máis de 3.000 euros ao ano nesta instalación”, puntualizou Villaverde Pais, e para a cuberta do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra.

Pavimentación Portobravo-Tállara

Finalmente, o pleno aprobou, coa abstención do PSOE, a delegación na alcaldesa de Lousame da competencia de sinatura do expediente de contratación 5/2019: reforzo do firme do viario de Portobravo a Tállara. “O 8 de xaneiro asinamos o convenio de colaboración, o proxecto chegou en febreiro de 2019 e ten que estar xustificado a 30 de novembro. Como temos 6 meses para executar as obras, o tempo é moi axustado polo que para axilizar as cousas propoñemos esta delegación”, explicou Villaverde Pais.

As obras de mellora do firme da vía que conecta Portobravo e Tállara suporá un investimento de case 450.000 euros, que achegará a Xunta de Galicia para que o Concello de Lousame acometa os traballos. Unhas obras que permitirán incrementar o afirmado deste viario municipal, que consta dunha lonxitude de máis de 5 quilómetros de lonxitude, e dotalo da capa de rodadura axeitada ao volume de tráfico que rexistra.

As obras consistirán no estendido dunha capa de mestura asfáltica con aglomerado duns 5 cm en toda a estrada, así como a posterior reposición completa das marcas viarias e a instalación de bandas sonoras para a redución de velocidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial