Lousame inicia as obras de mellora no acceso a Berrimes

0

Lousame, 26 de marzo do 2018 – O Concello de Lousame vén de iniciar as obras de mellora nos accesos a Berrimes que contan cun orzamento de 13.774 euros e están incluídas dentro do Plan Único de Concellos POS+2017.

Burrimes é un lugar da parroquia de Lousame. Os traballos no acceso consistirán na mellora da capa de rodaxe e na recollida de augas pluviais na zona. Os traballos están divididos en dous treitos de 250 e 90 metros de longo e 5 metros de ancho onde se mellorará a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación das fochancas actuais e a ampliación do ancho da calzada en medio metro a cada lado. Así mesmo, colocaranse 96 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón baixo a que se canalizará unha tubería e catro arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais. Ademais, a obra permitirá tamén dar servizo de saneamento a un par de vivendas da localidades.   

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, salienta que “comezamos escavando unha zanxa por onde irá a tubeira para a recollida de pluviais e despois repararemos a capa de rodaxe desta estrada, previa reparación de fochancas”. Villaverde encadrou esta obra dentro das distintas actuacións que dende o Concello de Lousame se está a realizar nestes últimos anos para mellorar os accesos ás distintas localidades do municipio.

Anteriores actuacións

Estas obras veñen continuar as realizadas hai agora un ano nesta mesma aldea, onde se mellorou a capa de rodaxe en dous treitos de camiño, de 150 e 130 metros de lonxitude, a través da reparación das fochancas e a aplicación dun tratamento asfáltico superficial e rego de selado. Así mesmo, aproveitouse para anchear ambas estradas nun total de 230 m2, polo que a actuación tivo lugar sobre unha superficie de 1.760 m2.

Ademais, as obras permitiron a construción dunha cuneta de seguridade revestida de formigón a ambos lados de ambos treitos de estradas, baixo a que se instalou unha tubería de recollida de augas pluviais en PVC de 315 cos seus correspondentes sumidoiros. As obras, orzamentadas en 66.769 euros, foran adxudicadas por 45.496 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies