Lousame inicia as obras de mellora dos accesos a Pousada

0

Lousame, 3 de abril do 2018 –  O Concello de Lousame vén de iniciar as obras de mellora nos accesos a Pousada, en Tállara, nos que investirá 13.774 euros.

Os  traballos de Pousada están incluídos no Plan Único de Concellos POS+2017 e consisten na mellora da estrada de acceso á localidade, á que se dotará dunha cuneta de seguridade e recollida de augas pluviais. As obras mellorarán os accesos dende a estrada DP-1104 Ponte Beluso-San Francisco, ao longo camiño de 570 metros de longo e 4 de ancho que da paso ao lugar. O obxectivo é acometer 125 m² de sobreanchos sobre a calzada, ademais de mellorar a súa capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Así mesmo, executarase 50 metros de cuneta de seguridade revestida en formigón, baixo a que se canalizará unha tubería para a recollida de augas pluviais. Finalmente contémplase a limpeza de gabias e salvagabias para garantir unha correcta drenaxe lonxitudinal e transversal.

Estas obras súmanse ás iniciadas na aldea de Berrimes, onde o Concello de Lousame está a investir outros 14.000 euros nunha actuación moi semellante á acometida en Pousada, pois inclúe tamén mellora da capa de rodaxe e instalación de recollida de pluviais e cuneta de seguridade, nese caso en dous tramos dun camiño de 340 metros de longo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies