Lousame inicia as obras de mellora dos accesos ao local social de Cruído

0

Lousame, 8 de febreiro do 2017 –  O Concello de Lousame vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao local de Cruído, un proxecto adxudicado por 49.420 euros dentro do Plan de Acción Social 2015.

A obra de Cruido tamén inclúe a mellora dos accesos ao Punto de Atención á Infancia de Tállara dende Cernande, que se iniciarán en breve.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “o obxectivo é arranxar a estrada que da acceso ao local social de Cruído dende a estrada da Deputación onde, pola pista que vai por debaixo do local, facermos unhas cunetas de formigón que servirán tanto para que os veciños e veciñas poidan camiñar con máis seguridade como para que teñan máis espazo onde aparcar”. De feito, os traballos inclúen a creación dunha área de 75 metros cadrados de sobreanchos na zona.

Os traballos en Cruido consisten na reparación de fochancas con dez centímetros de grava e tratamento asfáltico semiprofundo na ampliación do ancho da superficie pavimentada. Deste xeito, a pista, dunha lonxitude de 170 metros, pasará dos 5 metros de ancho actuais aos 6 definitivos, ao ampliarse medio metro a cada lado. Sobre ela aplicaranse cinco centímetros de aglomerado en quente.

Nestes momentos estanse a executar as cunetas de seguridade revestidas de formigón, de 240 metros de lonxitude, así como a canalización dunha tubería de PVC e a construción de 7 arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais. Os traballos inclúen tamén a apertura de gabias, a limpeza de salvagabias pra drenaxe e a adaptación dos pozos e das arquetas á nova rasante. As obras marchan a bo ritmo e estarán rematadas en breve.

Accesos ao PAI

Así mesmo, este proxecto tamén inclúe a mellora dos accesos ao PAID de Tállara dende Cernande, que se iniciarán en breve. Neste caso mellorarase a capa de rodaxe dunha pista de 5 metros de ancho e 120 metros de longo con seis centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e ampliación do ancho da estrada en dous metros.

Sobre eses dous metros de ancho está prevista a construción dunha senda peonil, que terá  120 metros de lonxitude e dous metros de ancho con 15 centímetros de zahorra e outros 15 de formigón sobre unha tubería de canalizado das augas pluviais, con 3 arquetas con sumidoiro. A maiores, contémplase a execución de 54 metros de cunetas de seguridade e o traslado dos postes existentes na zona. As obras estarán listas antes do remate do primeiro trimestre do ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial